Presentación

RAPOSO FR é un club ciclista que nace en 2007 dun grupo de amigos coa idea de participar nas carreiras de DH co seu propio nome e a súa propia imaxe.

Co paso do tempo o club veu desenvolvendo a súa actividade en diversas modalidades do ciclismo a parte do DH: marathones, marchas cicloturistas, enduro e demáis actividades relacionadas coas bicicletas.

A motivación principal é o desfrute do noso deporte

Na actualidade o club realiza as súas actividades principales nas modalidades de DH, Enduro e cicloturismo.

Os servizos prestados son básicamente a tramitación das licenzas federativas coa Federación Galega de Ciclismo, o fomento da competición da man da Deputación de Pontevedra e a xestión das distintas equipacións.